Álvarez Hernández, Cristino

Álvarez Hernández, Cristino

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1929). Proclamada a República, afiliouse ao partido Unión Regional de Derechas ata a súa desaparición no 1937, pasou a militar en FET y de las JONS ata a súa disolución. No ano 1943 nomeárono Xefe do Sindicato Local de Industrias Químicas e logo Xefe Provincial do mesmo; no 1946 é concelleiro da cidade da Coruña e desempeñou a primeira Tenencia da Alcaldía ata o seu cesamento en 1958. Presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (1937-1968) e Vicepresidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Farmaceúticos de España (1959-1966). No eido do xornalismo foi redactor deportivo de Radio La Coruña e posteriormente de Radio Nacional de España, ata 1983 e colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e diversas revistas como Farmacia Nueva ou Revista del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide. Ligado ao mundo deportivo, en 1950 noméano Presidente da Federación Galega de Atletismo e da Federación Galega de Fútbol; promotor do Gran Premio Internacional Ciudad de La Coruña e do Teresa Herrera de Atletismo. No 1953 crea a Asociación Amigos de la Ópera, que presidiu ata a súa morte.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso