Álvarez “Koki”, Francisco
Poeta. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Círculo de Escritores e Poetas Iberoamericanos de Nova York, cidade na que residiu traballando como correspondente. É autor dunha considerable obra poética que en galego conta cos títulos Lexanías (1980), Maruxía (1989), co que foi finalista do II Certame da Casa Cultural Dominicana de Nova York en 1987, e Máis aló de Fisterre (1991), Alén da fronteira (1999), Para abril e amantes (2003) e Un neno na emigración (2014). En castelán publicou os poemarios Poemas del verbo amar (1981), Soliloquios del silencio (1982), Para el amor pido la palabra (1987), Circunferencia de la palabra (1989), Sombra de luna (1990), Desde la otra orilla (1994), Entre dos aguas (1995), Nueva York en nueve poetas, (1999), Al fin del siglo (2000) e Entre tu cuerpo y mi cuerpo (1996), título este último que retoma en 2007 para unha antoloxía amorosa. Foi seleccionado para distintas coleccións e colaborou en xornais e revistas de literatura en España, Portugal, Estados Unidos e Latinoamérica. Foi correspondente do diario A Peneira e colabora noutros medios galegos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Guarda