Álvarez Limeses, Xerardo

Álvarez Limeses, Xerardo

Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade Compostelá e exerceu de avogado en Pontevedra. Os primeiros anos da súa vida transcorren en Pontevedra, onde cursou o Bacharelato e participou na fundación da sociedade Los Amigos del Progreso, na que comezou a súa faceta de creador literario. Para atender á súa vocación de ensinante, estudiou deseguido para Mestre Normal e Inspector de Ensino Primario, ao que se dedicará xa de xeito definitivo. Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo, membro correspondente da Real Academia Galega, membro da sección de Historia do Seminario de Estudos Gallegos, cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Colaborou tamén en diversos xornais e revistas, foi orador e conferenciante, poeta e home de fonda relixiosidade. Entre as súas actividades literarias hai que destacar a súa participación, xunto a Labarta Pose, na revista Extracto de Literatura. Máis adiante fundou Galicia Moderna e, en Ourense, Mi Tierra. Colaborou tamén con El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega. Como poeta, entre 1900 e 1920, participou en certames e Xogos Florais nos que obtivo varios galardóns. En castelán publicou Margaritas (1892), Versos morales (1898), deixando moito material inédito. O seu posto na lírica galega outórgallo un único libro Antre dous séculos (1934) co que entra a formar parte do grupo de escritores epigonais. Foi autor dun volume da Geografía general de Galicia (1936), relativo á provincia de Pontevedra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso