Álvarez Salgado, Javier

Álvarez Salgado, Javier

Atleta especializado en carreiras de fondo. Entre os seus maiores logros salientan a participación en tres finais dos Xogos Olímpicos: en México 1968 nos 3000 m obstáculos (11º clasificado) e en Múnic 1972 nos 5.000 e 10.000 m lisos (10º e 12ª clasificado respectivamente). Proclamouse campión mundial militar dos 3.000 m obstáculos en 1964. Acadou nos Campionatos de Europa en Pista Cuberta do ano 1969 a medalla de prata e a de bronce no 1970, ambas as dúas nos 3.000 m lisos. Nos Xogos do Mediterráneo gañou as medallas de ouro nos 3.000 m obstáculos en 1967 e nos 5.000 e 10.000 m lisos en 1971. En nove ocasións foi campión de España (5 de 5000 m lisos, 2 de 3.000 m obstáculos e outras 2 de 30 km ruta). Conseguiu 15 plusmarcas estatais; en 2.000 m lisos, 3.000 m lisos e obstáculos, 5.000 e 10.000 m lisos. Recibiu a insignia de ouro e brillantes do seu club, o Real Club Celta de Vigo. Militante do PS de G-PSOE, entre 1983 e 1995 foi concelleiro de deportes na corporación municipal viguesa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo