alvéolo

alvéolo

(

  1. s m

    Pequena cavidade.

  2. s m [BOT]

    Pequena concavidade existente nunha superficie, por exemplo, o receptáculo das asteráceas ou o episperma dalgunhas sementes.

  3. s m [TECNOL]

    Cada unha das cavidades dunha toma de corrente na que se introducen as caravillas para establecer un contacto.

  4. s m [XEOG]

    Cavidade de reducida dimensión (entre 1 e 10 cm) nas rochas, orixinada por erosión química ou mecánica ( alveolización).

  5. s m [ZOOL]

    Cada un dos compartimentos ou células do favo dalgúns insectos sociais. Os da abella son de sección hexagonal e tamaño variable, é onde a raíña deposita os ovos. Outros alvéolos serven para a almacenaxe do mel e do pole.

  6. alvéolo dental [ANAT]

    Cavidade dos maxilares na que están inseridos os dentes; está cuberta polas enxivas.

  7. alvéolo glandular [ANAT]

    Formación globosa dunha glándula.

  8. alvéolo pulmonar [ANAT]

    Pequeno saco terminal dos bronquiolos, nos pulmóns dos vertebrados, ao que van parar unha arteriola e unha vénula. A través da súa superficie efectúase o intercambio respiratorio de osíxeno e dióxido de carbono, entre o aire e o sangue.

Palabras veciñas

alveólise | alveolite | alveolización | alvéolo | alveolo- | alverca | alverxón