alveolite

alveolite

(< alvéolo + -ite)

  1. s f [PAT]

    Inflamación dun alvéolo dental.

  2. s f [PAT]

    Inflamación dos alvéolos pulmonares.

  3. alveolite alérxica extrínseca [PAT]

    Síndrome clínica, tamén chamada pneumonite por hipersensibilidade, ocasionada por reaccións inmunolóxicas a nivel pulmonar a consecuencia da inhalación de diversos alergóxenos, en especial proteínas derivadas de animais e fungos. É unha enfermidade profesional de granxeiros, traballadores do malte, cultivadores de cogomelos e outros oficios, que pode ser aguda ou crónica.

Palabras veciñas

alveolar | alveolina | alveólise | alveolite | alveolización | alvéolo | alveolo-