alveolar

alveolar

(< alvéolo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos alvéolos, semellante aos alvéolos.

  2. adx [LING]

    Dise do fonema cunha realización sistemática ou esporádica mediante un contacto do ápice da lingua coa cara interna dos alvéolos superiores. Presentan estas características diversos fonemas líquidos: [l], [n], [r], todos eles sonoros.

  3. aire alveolar [FISIOL]

    olume de aire residual contido permanentemente nos alvéolos pulmonares e que está en contacto co sangue.

Palabras veciñas

alveógrafo | alveograma | alveolado -da | alveolar | alveolina | alveólise | alveolite