alveógrafo

alveógrafo

(< álveo- + -grafo)

s m [TECNOL]

Aparato que mide o traballo de deformación e rexistra as características reolóxicas (tenacidade, extensibilidade, elasticidade e forza) dunha masa constituída por fariña de trigo e auga, preparada en condicións estándar. Unha vez obtida a masa, lamínase e córtase en discos que, despois de seren fixados nunha platina, son sometidos a unha presión de aire que os vai inflando ata chegar a rebentar. Un manómetro de auga rexistra as variacións de presión durante o inflado.

Palabras veciñas

alveiro | Alvensleben, Gustav von | álveo | alveógrafo | alveograma | alveolado -da | alveolar