Alvilares Moure, Xosé
Doutor en Teoloxía. Relacionado coa igrexa dende que ingresou no Seminario de Lugo con 9 anos, onde se ordenou sacerdote, a súa evolución persoal está marcada por encontros e desencontros coa xerarquía eclesiástica. Durante as décadas dos 50 e 60, foi párroco nas localidades do Cebreiro, Cartelos e Amandi. Viaxou despois a Roma, onde se doutorou. Ao longo da súa vida escribiu estudos e reflexións de ton crítico que o apartaron da liña oficial da igrexa e que o levaron a exercer a docencia. Destacou como decidido defensor da renovación eclesiástica propugnada polo Concilio Vaticano II. No eido ensaístico publicou El Cebrero (1956), O clero e o uso do galego (1966), Proceso a la iglesia gallega?: Testimonio de los escritores gallegos del siglo XIX (1969), Crítica de Leslie Dewart a la ontoteología (1981) e o volume de memorias noveladas Memorial de agravios (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xulfe, Chantada -
Falecemento