alza

alza

(

  1. s f
    1. Obxecto que serve para alzar ou facer máis alta unha cousa.

      Ex: Cunha alza veranse mellor os obxectos que queres destacar.

    2. Anaco de sola que os zapateiros empregan para que o calzado resulte máis alto.

      Ex: Colocou unha alza e gañou moita altura.

  2. s f [AGR]

    Cuña que se pon xunto á teiroa e sobre o temón, empregada para tentear a abertura do arado.

  3. [BÉL]
    1. s f

      Regreta graduada posta xeralmente na parte posterior do canón das armas de fogo portátiles para precisar a puntería na dirección e darlle á arma o ángulo de tiro para conseguir o alcance necesario. Nas modernas pezas de artillería, a alza foi incorporada ao goniómetro de puntería para mellorar alcance e dirección.

    2. alza telescópica

      Telescopio paralelo ao canón dunha arma que precisa de puntería a máis longa distancia ca os aparellos normais. Xeralmente levan, no visor, unha retícula graduada -horizontal e vertical- que permite medir ángulos de elevación e de deriva.

  4. s f [CONSTR]

    Madeiros dunha presa.

  5. s f [ECON]

    Aumento do prezo dun ben económico (moedas, efectos públicos, mercadorías etc).

  6. s f [ETN]

    Peza que vai colocada debaixo da cheda do carro.

  7. s f [GRÁF]

    Folla que se pon sobre o tímpano da prensa tipográfica nos lugares onde se quere reforzar a presión para alzar o tipo.

  8. interx

    oz empregada para que un animal levante as patas e poder ferralo.

Palabras veciñas

alxube | Alyssum | Alytes | alza | alzacrán | alzacrana | alzadeira