amantes de Teruel, Los
-
Lenda española creada a partir dun dos contos do Decamerón de Boccaccio, Girolamo e Salvestra, que relata os amores desafortunados entre Diego Marsilla e Isabel de Segura. Aparece documentada por vezprimeira en El peregrino curioso y grandeza de España (1577), de Villalba y Estaña. A primeira adaptación de teatro data do 1581, coa obra de Rey de Artieda Los amantes de Teruel, de grande éxito nas letras castelás a través, principalmente, da refundición que publicou Pérez Montalbán no 1638 e, sobre todo, do drama romántico do mesmo nome que Hartzenbusch estreou no 1837.
-
Drama histórico en cinco actos de Juan Eugenio Hartzenbusch, escrito no 1836 e estreado no 1837. Baséase na lenda tradicional e conta os amores contrariados entre a nobre Isabel de Segura e o plebeo Diego Marsilla.