Amazona

Amazona
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves da familia dos sitaciformes, cun tamaño de 24 a 46 cm segundo a especie, de peteiro groso, ás curtas, anchas e fortes, e plumaxe de cores vivas, predominantemente verde no corpo e variada na cabeza. De hábitos arborícoras e gabeadoras, aliméntanse de froitos, sementes e gromos. Son individuos sociables e gregarios, que manteñen parellas estables de por vida. As máis de 20 especies son propias da selva tropical americana, especialmente da Amazonia; a maior parte delas están en grave risco de extinción polo comercio como animais de compañía e pola destrución do seu hábitat. Reciben o denominación vulgar de papagaios.

Palabras veciñas

amazocar | Amazon | amazona | Amazona | Amazonas | Amazonas | Amazonas