ambigüidade
(< lat ambiguitāte)
-
s
f
Calidade de ambiguo.
Ex: Erros e Tánatos, obra de Gonzalo Navaza, é un título que xoga coa ambigüidade das palabras.
Confrontacións: anfiboloxía. -
s
f
[LING]
Calidade dunha forma (en calquera nivel da análise lingüística) de admitir diversas interpretacións, semánticas ou funcionais. Os tres tipos principais de ambigüidade son: a fonolóxica, a léxica e a sintáctica. Na ambigüidade fonolóxica un mesmo son pode representar dous fonemas (en portugués, as dúas primeiras vocais de popular soan igual) e un mesmo fonema pode ter dous comportamentos fonolóxicos distintos (por exemplo en galego o fonema x pode ter dúas pronuncias distintas: xamón [S] e exame [ks]; a ambigüidade léxica pode ser semántica (banco para sentar, de finanzas, de néboa, de peixe) ou funcional (a crítica de Rivas, onde Rivas pode ser o crítico ou o criticado); neste último caso fúndese gradualmente coa ambigüidade sintáctica , que consiste na posibilidade de construírmos de dúas maneiras unha frase: libros e filmes aburridos pode ser (libros e filmes) aburridos ou ben libros e (filmes aburridos). A ambigüidade sintáctica é con moito a máis importante dentro do mecanismo da lingua, pois a necesidade de evitar que prolifere ten efectos a todos os niveis, dende a selección léxica ata a fonoloxía, en particular polo que atingue aos fenómenos de acento. O estudo destes feitos corresponde ao denominado ciclo fonolóxico da gramática xenerativa-transformacional.
Confrontacións: anfiboloxía. -
s
f
Palabra ou expresión ambiguas.
-
[XEN]
-
s
f
Fenómeno xenético no que un triplete de nucleótidos ou codón admite máis dunha tradución.
-
ambigüidade de codificación
Fenómeno xenético no que un codón codifica máis dun aminoácido, xa sexa por tradución errónea, interferencia na interacción codón-anticodón ou equivocado recoñecemento enzimático.
-
ambigüidade traduccional
Fenómeno xenético no que un codón determinado do RNAm se pode traducir de máis dunha maneira, xa sexa por mor dun factor xenético (por exemplo, unha mutación) ou de axentes externos (por exemplo, un antibiótico).
-
s
f
-
grao de ambigüidade dun teorema
Número de demostracións diferentes deste teorema.