ambiguo -gua
ambiguo -gua
(< lat ambigŭu ‘ambos’)
-
adx
Que se pode entender ou interpretar de diversas maneiras e, polo tanto, pode xerar confusións ou dúbidas.
Ex: A exposición das súas ideas foi ambigua e non sabemos ó que aternos.
-
adx
Que non di claramente as súas opinións e que ten un comportamento ou actitude escura.
Ex: A súa resposta foi tan ambigua que non sei se quere ou non.
-
xénero ambiguo
[LING]
Xénero atribuído pola gramática tradicional aos nomes de cousa que se poden usar indistintamente en masculino ou feminino. Por exemplo: o termo fin pode ter xénero feminino ou masculino (As vacacións xa chegan á súa fin/O fin da película é moralizar sobre a bondade dos sentimentos).