ambrita
ambrita
s
f
[MINERAL]
Resina fósil, de composición moi parecida á do ámbar, pero sen ácido sucínico. Preséntase en masas amorfas de cor gris amarelada, translúcida e insoluble en alcohol, éter, etc. É abundante en Nova Celandia.