améndoa
(< lat v *amyndăla‘améndoa’ por amygdăla)
-
s
f
[BOT]
Froito da amendoeira que consiste nunha drupa de pericarpo verde e aveludado, mesocarpo branco e coriáceo, e endocarpo (casca) leñoso, que contén unha única semente.
Ex: Nunca traballei na recolleita da améndoa.
-
s
f
[BOT]
Semente da amendoeira, doce ou amarga segundo as variedades. Pola súa riqueza en aceites e graxas vexetais (60-67%) resulta un produto alimenticio de primeira orde. Emprégase na industria farmacéutica para a fabricación de cremas e cosméticos. Aprovéitase a súa casca como combustible (calefacción, etc) e serve de base a un sector da industria alimentaria, como a fabricación de turróns. A súa maior área de cultivo é a conca mediterránea. España é o primeiro produtor mundial, e representa un pouco máis da terceira parte dunha produción con fortes oscilacións.
Ex: A torta de améndoa é o meu doce preferido.
-
s
f
[BOT]
Parte carnosa dalgunhas sementes que queda despois de sacarlles as cubertas leñosas.
Ex: Abriuse a carabuña do pexego e puiden ver a améndoa no seu interior.
-
s
f
Nome dado a diferentes cousas que presentan unha forma semellante a unha améndoa: diamante en forma de améndoa, casulo do verme da seda, etc.
-
[ALIM]
-
s
f
Ten múltiples aplicacións tanto en preparación de alimentos doces ou salgados; en pastelería emprégase na elaboración de mazapáns, turróns, pasta de améndoa, pralinés, pastas, tartas ou a tradicional sopa de améndoa; salgadas tómanse como aperitivo. Na cociña é un ingrediente imprescindible de pepitorias, allo branco, zarzuela, peixe á améndoa, etc. Por procedementos industriais obtense o leite de améndoas. Xeralmente, mércanse sen casca aínda que con pel, que se retira dándolles un pequeno fervor. Entre os diversos tipos de pratos con améndoas destacan a améndoa fileteada, améndoa frita, améndoa garapiñada, améndoa moída e améndoa tostada.
-
améndoas garapiñadas
Améndoas escascadas previamente e sometidas ao proceso de garapiñar.
-
améndoas torradas
Améndoas escascadas e sometidas a un proceso de torrefacción directa ou por inmersión en aceite para fritilas, e xeralmente cun salgado posterior de máis ou menos intensidade.
-
leite de améndoas
Produto elaborado con améndoas doces, azucre e aditivos alimenticios, utilizado como substituto do leite de vaca para persoas que, afectadas de trastornos dixestivos, non toleran o leite animal, ou ben como bebida refrescante.
-
s
f
-
améndoa amarga
[BOT]
Semente non comestible da amendoeira amarga (P. amygdalus variedade amara). Contén un glicósido denominado amigdalina que, ao se hidrolizar, amais de glucosa, dá ácido cianhídrico (tóxico) e aldehido benzoico, que lle confire un amargor característico. Ten aplicación en farmacia e na fabricación de esencias.
-
améndoa mística
[ARTE]
Ornamento en xeral de forma elíptica, orixinariamente símbolo das esferas celestiais da narración bíblica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo especial. Na arte románica atópase en representacións do Pantocrátor, da Nai de Deus e posteriormente de anxos e santos.
Sinónimos: mandorla.
Refráns
- Ano de améndoas, ano de merda.