amendoeira
amendoeira
(< améndoa + suf -eira)
suf
f
[PLANTA]
Pequena árbore de orixe oriental, moi cultivada na rexión mediterránea, de follas lanceoladas e dentadas, con flores brancas ou debilmente rosadas que aparecen en abundancia antes que as follas, en pleno inverno. O froito, e tamén a súa semente, reciben o nome de améndoa. A variedade P. amygdalus dulcis, coñecida como amendoeira doce , é a que dá froitos comestibles, mentres que a variedade P. amygdalus amara, coñecida como amendoeira amarga , dá froitos amargos non comestibles. En Galicia é moi escasa, pero pode aparecer na zona máis termófila do surleste do país.