Amenemope, instrucións de

Amenemope, instrucións de

Composición literaria da época faraónica conservada, tanto completa como fragmentariamente, en cinco documentos, dos que o máis importante é un papiro do British Museum. Aínda que estes escritos non semellan ser anteriores á XXI dinastía, algúns especialistas dátanos a finais do Período Ramséssida (XX dinastía). Pertence ao xénero sapiencial e é unha das grandes obras da literatura faraónica. Presenta paralelismos co libro dos Proverbios, no que debeu influír.

Palabras veciñas

ameneiral | ameneiro | Amenemhat | Amenemope, instrucións de | Amenhotep I | amenidade | amenizar