Nome teóforo exipcio que significa ‘fágase a vontade de Ammón’, ‘Ammón está contento, satisfeito’ e que levan catro faraóns da dinastía XVIII. Prefírese a forma Amenofis.