americano -na

americano -na

(< América)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a América ou aos seus habitantes.

    Ex: Hoxe chegan os estudiantes americanos do intercambio.

  2. s

    Persoa natural ou habitante de América.

    Ex: Tres americanos viñeron preguntarnos por un lugar onde comer ben.

  3. adx e s

    norteamericano -na.

  4. s e adx

    O que retorna ao seu país de orixe despois de estar emigrado en América.

    Ex: O teu tío, o americano, trouxo un coche que non se comercializa aquí.

  5. s m [LING]

    ariedade da lingua inglesa que se fala en América do Norte.

  6. s f [INDUM]

    Chaqueta de pano, especialmente propia de homes, que cobre o tronco ata máis abaixo da cintura, con mangas e sen faldróns, e que, a miúdo, forma un conxunto cun pantalón e mesmo cun chaleco.

    Ex: Merquei unha americana de moda galega.

  7. s f [AGR]

    Nome aplicado á cepa de orixe americana empregada na comarca do Ribeiro para amañar os estragos causados pola filoxera na segunda metade do s XIX.