americio
americio
(< América + -io)
s
m
[QUÍM]
Elemento químico artificial radioactivo transuránico (Z=95), da familia dos actínidos. No ano 1944 Seaborg e os seus colaboradores identificaron o isótopo 241Am nos produtos de desintegración do 241Pu. O americio é moi electropositivo e en solución acuosa é normalmente trivalente.