Amici, Giovanni Battista

Amici, Giovanni Battista

Científico italiano. Inventou un espectroscopio de prismas de visión directa, e foi o primeiro en utilizar os puntos estigmáticos do dióptrico esférico. Construíu o ecuatorial de 285 mm de abertura do observatorio de Florencia, centro do que foi director (1831). Cos seus instrumentos estudiou a orientación dos cristais minerais, as estriacións das fibras musculares e descubriu o tubo polínico (1822). Recolleu as súas observacións en Osservazioni microscopiche sopra varie piante.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Módena

  • Deceso

    Lugar : Florencia