amidinas
amidinas
(
s
f pl
[QUÍM]
Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza do grupo funcional -C(=NH)NH2. As amidinas R-C(=NH)NH2 desígnanse substituíndo no nome do ácido RCOOH o sufixo -oico ou -ico pola terminación -amidina, ou a terminación -carboxílico pola terminación -carboxamidina. Teñen carácter básico, producen clorohidratos ben cristalizados e hidrolízanse facilmente producindo amidas. Hai casos nos que presentan propiedades farmacolóxicas interesantes.