amigdaloide
amigdaloide
(< amígdala + -oide)
-
adx
Que ten forma de améndoa.
-
adx
[XEOL]
-
Relativo ás rochas ígneas que teñen no seu interior pequenas cavidades en forma de burbullas, orixinadas polos vapores producidos polos magmas antes de se consolidaren.
-
Dise tamén dos minerais secundarios que enchen as cavidades das rochas amigdaloides.
-
-
adx
[PREHIST]
Aplícase aos instrumentos de pedra de talla bifronte e con forma de améndoa orixinarios do Paleolítico inferior e medio.