Amigo
Amigo
[ONOM]
Antigo nome galego, hoxe máis ben apelido, derivado do latín amicus, que xa daquela se usaba como alcume. É un nome augural, é dicir, un nome-desexo ‘es un amigo’, ‘que sexas un amigo’, expresado polos pais cara ao meniño recén nado. A difusión medieval deste nome parece estar ligada a Amis, un personaxe dos cantares de xesta franceses. Non hai ningún santo con este nome.
Refráns
- A amistade coñecela e non perdela.
- A boa correspondencia as amistades conserva.
- A quen queiras de corazón, dálle pares, nones non.
- A quen tes que agarimar non o fagas chorar.
- Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer é pequeno.
- Amigos que se desaveñen por un pan, non saben o que é amistá.
- Amistade que non conviñer, hase descoser mais non romper.
- Ás amistades certas, portas abertas.
- Cando un amigo pide, non hai mañá.
- Co bo amigo collerás o teu trigo e venderás o teu viño.
- Comadres e veciñas ás veces rifan e ás veces moi arniguiñas.
- Conserva o amigo teu co vicio seu.
- Entre amigos non hai cousa segreda.
- Entre amigos, escribán e testigos.
- Entre bos amigos están de máis os testigos.
- Nunca queiras do amigo máis do que el quixer contigo.
- Nunca queiras do teu amigo máis do que el quixer contigo.
- O amigo e o cabalo non hai que cansalo.
- O amigo e o cabalo, non o leves ao teu cabo.
- Ó amigo hai que aturalo co seu vicio.
- O amigo verdadeiro, deitalo no celeiro.
- O amigo, sufrilo.
- O bo amigo no ben e no mal está contigo.
- Ó bo amigo non lle gardes segredo, que te expós a perdelo.
- O bo amigo, co teu pan e co teu viño.
- O dente e o amigo, sufrilo coa súa dor e co seu vicio.
- Ó teu amigo dille a mentira; se che garda poridade, dille a verdade.
- Ó teu amigo gáñalle un xogo e vólvello logo.
- Os mellores amigos son os que rifan.
- Para conserva-la amistade, parede no medio.
- Para quen nos quere teñamos, que para quen non nos quere ternos de abondo.
- Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado.
- Por un amigo xa se pode botar un gotiño.
- Quen che dá un óso non te quere ver morto.
- Se ao teu amigo dás unha cousa, non lle pidas outra.
- Se ben me queres, trátame como debes.
- Será teu amigo o que te tire do perigo.
- ¡Malia o amigo que o foi do pai e non é do fillo!