amigo -ga
(
-
adx
Unido pola amizade con alguén, que sente amizade cara a algunha persoa.
Ex: Son vellos amigos posto que se coñecen dende a infancia.
-
s
Persoa que ten amizade con outra coa que se sente unido por un trato de afecto e confianza.
Ex: Necesitaba desafogar cun amigo todas as penas que sentía.
Confrontacións: camarada, colega. -
adx
-
Que ten afección por algo ou por alguén.
Ex: Coñezo a un señor da aldea que é un verdadeiro amigo dos paxaros.
-
Partidario de alguén ou dalgunha cousa.
Ex: Os amigos do goberno solucionáronlle a papeleta ó presidente.
-
Aplícase á persoa que favorece a alguén ou a algunha cousa.
Ex: Os amigos das artes doaron cinco cadros ó museo central.
-
-
adx
Que mostra afección, sen hostilidade, favorable, propicio.
Ex: Unha palabra amiga mellorou o seu estado de saúde.
-
s
m
Persoa con quen alguén fai vida matrimonial sen estaren legalmente casados.
Ex: Aquel home é o amigo, disque vai casar con ela.
Sinónimos: amante. -
s
m
[LIT]
Nas cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa medieval, termo para designar ‘o amado, o namorado’.
-
números amigos
[MAT]
Dous números, dos que cada un é a suma de todas as partes alícuotas do outro. Son exemplo disto os números 220 e 284.