Amigo, Moncho

Amigo, Moncho

Artista plástico achegado á linguaxe máis conceptual da abstracción. Interesado nas relacións entre arte e industria, adoita introducir montaxes a base de máquinas, luz e son. A súa obra céntrase no ensalzamento das mutacións do material e da luz sobre os materiais, normalmente granito, formigón ou ferro, sempre en diálogo co espacio. Comeza a expoñer en 1987. Ten obras instaladas na Praza Roxa de Santiago, na ría do Burgo (A Coruña) ou no Polígono do Esteiro (Ferrol). A finais dos noventa achégase a ideas minimalistas expresadas en obras como a Caracola (1995), a carón da emblemática Torre de Hércules.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña