Amílcar Barca

Amílcar Barca

Xeneral cartaxinés, pai do célebre Aníbal (ou Haníbal). Participou na Primeira Guerra Púnica e dirixiu a represión dos mercenarios que se sublevaron contra Cartago. Levou a cabo a conquista do sector meridional da Península Ibérica que foi organizada por Cartago co fin de compensar a perda de Sicilia. Fundou a base de Akra Leuké. Morreu durante o asedio á cidade de Eliké, tradicionalmente identificada con Elx a mans do xefe íbero Orisón. Foi substituído polo seu xenro Asdrúbal.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cartago