amiloidose

amiloidose

(< amiloide + -ose)

s f [PAT]

Doenza de causa descoñecida caracterizada polo depósito extracelular dunha substancia proteica (amiloide) que invade diversos tecidos e vísceras do organismo e os vai destruíndo. Fundamentalmente diferéncianse dous tipos: a amiloidose primaria, asociada ou non ao mieloma múltiple e a amiloidose secundaria, asociada a outras doenzas crónicas inflamatorias, infecciosas ou cancerosas.

Palabras veciñas

amilógrafo | amilograma | amiloide | amiloidose | amilólise | amilolítico -ca | amilopectina