amilólise
amilólise
(
s
f
[BIOQ]
Degradación parcial ou total do amidón e das substancias amiláceas en xeral, que pode producirse por hidrólise (ácida ou enzimática) ou por despolimerización (por acción da calor ou de enzimas). A amilólise dá lugar á liberación de azucres redutores (maltosa e glicosa). Industrialmente efectúase por tratamento con ácidos minerais ou con preparacións enzimáticas ricas en amilasas. Intervén na fabricación de bebidas, na panificación, na fermentación acetónico-butílica do amidón e na industria téxtil.