amiloplasto

amiloplasto

(< amilo- + plasto)

s m [BIOL]

Leucoplasto que sintetiza amidón e que o acumula en capas concéntricas formando grans, que ao medrar van distendendo o leucoplasto, e que, á súa vez, queda reducido a unha fina película que envolve os grans. Os amiloplastos abundan en certos tecidos de reserva vexetais.

Palabras veciñas

amilólise | amilolítico -ca | amilopectina | amiloplasto | amilopsina | amilorida | amilose