Amin Dada, Idi

Amin Dada, Idi

Militar e político ugandés. Membro do exército colonial británico, consolidou a independencia de Uganda (1962) e foi xefe do exército de terra e de aire (1966-1970). Dirixiu o golpe de estado (1971) que depuxo o Presidente Milton Obote, a quen sucedeu como ditador para asumir cada vez máis poderes. Seguiu unha política afín a Libia e á URSS. Foi proclamado Presidente vitalicio (1976), pero a oposición e o exército de Tanzania derrocárono no 1979. Posteriormente tivo que fuxir ao estranxeiro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Koboko, Oeste do Nilo

  • Falecemento

    Lugar : Jeddah Coordeadas : Ver en Google Maps