Amis, Kingsley

Amis, Kingsley

Escritor inglés. Iniciou a súa carreira literaria cos poemas de A Frame of Mind (1953) e A Case of Samples (1956). A súa primeira novela, Lucky Jim (1954) obtivo un éxito moi grande, feito que o levou a continuar escribindo: That Uncertain Feeling (1955), I like it Here (1958), Take a Girl Like You (1960) e The Anti-Death League (1966). Hai predominio dunha crítica das institucións inglesas e por esta razón considérase que foi o precursor dos angry young men. Nas novelas posteriores, escritas baixo o pseudónimo de Robert Markham, o humor vólvese máis superficial, un puro divertimento, como se observa en Colonel Sun (1968), Girl 20 (1971), The Alteration (1976) e Every Day Drinking (1983), entre outras. Tamén escribiu ensaios sobre ciencia-fición. Foi nomeado lord no ano 1990.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso