amisión

amisión

(< lat amissiōne‘perda’)

  1. s f [DER]

    Fórmula denominada amissio animae que equivalía á morte nun suplicio, e a amissio civitatis ao exilio.

  2. s f [DER]

    Na Idade Media,  aplicábase aos feudatarios e enfitéuticos que faltaban ás súas obrigacións co señor ou infrinxían pactos ou convenios que, como sanción, impoñía o abandono forzoso da cousa feudal ou enfitéutica. Esta era gañada neste caso, polo señor. Utilizábase frecuentemente a palabra comiso como equivalente de amisión.

Palabras veciñas

Amirante, illas | amirita | Amis, Kingsley | amisión | amistade | amistar | amistoso -sa