Ammenemes II
Ammenemes II
Terceiro Faraón da XII dinastía (1929-1895 a C). Fillo de Sesostris I, co que correinou entre 1929 e 1928. Tamén compartiu o trono co seu fillo Sesostris II (1897-1895). O seu reinado careceu de fazañas importantes. Desta época é o famoso ‘tesouro de Tod’ (catro cofres de lapislázuli). En Dahšūr sitúase a súa pirámide.