amniota
amniota
(< amnio + -ota)
-
adx e s
m
[ZOOL]
Que ten amnio.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Grupo de vertebrados tetrápodos que comezou a diferenciarse no Carbonífero e primeira parte do Pérmico e que, de xeito tradicional, inclúe os réptiles, os mamíferos e as aves. Caracterízase pola aparición na reprodución do ovo amniótico, pola ausencia de óso interporal, por presentar o cóndilo occipital hemisférico e ben osificado e por conter dentes caniniformes no maxilar. Os amniotas divídense en dous grupos: os saurópsidos, que son os réptiles actuais e as aves, e os sinápsidos, considerados na clasificación tradicional como réptiles, pero que en moitas clasificacións cladistas inclúen os mamíferos.
Confrontacións: anamniota.