amniótico -ca

amniótico -ca
  1. adx [BIOL]

    Relativo ou pertencente ao amnio.

  2. cavidade amniótica [BIOL]

    Cavidade interna do saco embrionario dos vertebrados amniotas (réptiles, aves e mamíferos), forrada polo amnio.

  3. líquido amniótico [BIOL]

    Fluído que enche a cavidade amniótica. Protexe o feto ou o embrión dos traumatismos externos e crea un ambiente acuoso favorable para o desenvolvemento do embrión ou do feto. Non está claro se é de procedencia fetal, amniótica ou materna.

Palabras veciñas

amniografía | amnioscopia | amniota | amniótico -ca | amniotite | amniotomía | amnioxénese