amnioxénese
amnioxénese
(
s
f
[BIOL]
Proceso de formación do amnio. Nos réptiles e nas aves prodúcese por pregamento anterior do ectodermo da gástrula. Nos mamíferos, o proceso iníciase no estado de blástula secundaria e presenta tres modalidades: por pregamento, por formación dunha cavidade e por formación dunha fisura no blastema embrionario.