Amnistía Internacional

Amnistía Internacional

Organización internacional fundada en Londres en 1961 por Peter Benenson e outras persoas para conseguir a liberación dos denominados “prisioneiros de conciencia”, ben polas súas ideas políticas ou ben polas relixiosas que non utilizasen a violencia, e para garantir os dereitos humanos alí onde se seguen violando. É o órgano consultivo da ONU, do Consello de Europa e da UNESCO. Actúa normalmente a base de informes elaborados por membros de países non implicados directamente no obxecto do informe. Ten un gran número de colaboradores voluntarios, agrupados en delegacións nacionais. En 1977 outorgáronlle o Premio Nobel da Paz.

Palabras veciñas

amniotomía | amnioxénese | amnistía | Amnistía Internacional | amnistiar | Amnón | amo