amo

amo

(

  1. s m

    O que ten o dominio dalgunha cousa.

    Ex: O señor do sombreiro negro é o amo de todo o val.

  2. s m

    O que ten a alguén baixo o seu dominio.

    Ex: Antigamente os escravos obedecían todas as ordes do amo.

  3. s m

    Xefe da casa, o señor con respecto aos seus criados ou figura semellante.

    Ex: O amo deu as instrucións precisas para que se servise a mesa. Sen dúbida co seu xogo amosou ser o amo do baloncesto.

  4. s m

    Home que dirixe unha posesión rústica pola que paga unha renda ao propietario.

  5. s m [MAR]

    Termo empregado antigamente na industria pesqueira e co que os mariñeiros e traballadores definían o posuídor dos medios de produción necesarios para a realización da actividade pesqueira (aparellos e barco). Antigamente, aplicábase este termo aos armadores.

Refráns

  • A presencia do amo arrecrece o traballo.
  • Bo amo, mellor criado.
  • Cal o dono, tal o can.
  • Quen a moitos amos serve, poida dar que algún lle sobre.
  • Quen ten a tixola polo rabo, ese é o amo.
  • Segundo é a ama, así é a criada.
  • ¡Facenda, teu amo te vexa!