amoestamento

amoestamento

(< amoestar)

  1. s m

    Acción e efecto de amoestar.

    Ex: Cun amoestamento máis, terás que ir castigado para casa.

  2. s m [DEP]

    Advertencia que o árbitro dunha competición deportiva fai a un dos participantes en caso de infracción grave do regulamento. Os amoestamentos reiterados dirixidos a un mesmo xogador poden provocar que o descualifiquen.

    Ex: Despois do segundo amoestamento, foi expulsado do campo.

  3. s m [DER]

    Sanción de carácter leve que se impón por cometer infraccións de disciplina administrativa, de traballo ou semellantes.

    Ex: Recibiu cinco amoestamentos e tivo que presentar a renuncia ó seu traballo.