Amoeiro, Os Chaos de

Amoeiro, Os Chaos de

Unidade tectónica pertencente ao conxunto de chairas e depresións da Galicia interior, situada entre a terra de Chantada e a serra do Faro, entre o val do río Avia e o val do río Miño, que se integra xunto con outras superficies aplanadas como os chaos da Peroxa e do Carballiño. A terra dos Chaos de Amoeiro está delimitada ao N pola serra da Martiniana (1.010 m de alt), ao O polo río Barbantiño, ao S polo río Miño e ao L polo río Porto. As numerosas fracturas que atravesan a súa superficie facilitan o decurso de numerosos ríos (Formigueiro) e regos (Porto, Lagarto e Raña) que favorecen a presenza de castelos, algún tor e outras formas graníticas.

Palabras veciñas

Amoeiro | Amoeiro | Amoeiro | Amoeiro, Os Chaos de | amoestación | amoestador -ra | amoestamento