amoral

amoral

(< a- + moral)

  1. adx

    Que prescinde da moral, que actúa fóra da moral.

    Ex: Polo seu mal comportamento sabemos que é unha persoa amoral.

    Antónimos: moral. Confrontacións: inmoral.
  2. adx

    Non susceptible de valoración segundo o ben e o mal, moralmente indiferente.

    Ex: Este precepto está considerado como amoral, nin bo nin malo.

Palabras veciñas

amora | Amorada | Amorado | amoral | amoralidade | amoralismo | amoranta