amosega

amosega

(< amosegar)

  1. s f

    Resultado dun golpe ou presión que presenta un froito.

    Ex: Esta mazá ten varias amosegas, debeu caer ó chan.

  2. s f [TÉXT]

    Risco que se fai sobre a peza da tea cun xiz para marcar as liñas dos patróns polas que logo hai que cortar.

  3. s f [TÉXT]

    Pequeno corte feito nun tecido, a xeito de marca, para un traballo de costura posterior.

    Sinónimos: marca.

Palabras veciñas

Amós | amosar | amoscar | amosega | amosegadura | amosegar | Amosis ou Ahmosis