marca

marca

(< lat tardío marca < xerm *mark)

    1. s f

      Sinal que se lle fai a algo ou alguén para distinguilo doutros.

      Ex: Recoñeceralo perfectamente porque lle puxen unha marca.

    2. marca de canteiro [ARTE]

      Sinal que coloca o canteiro en cada unha das pedras labradas para diferenciar o seu labor.

  1. [ECON]
    1. s f

      Distintivo externo particular e exclusivo que un fabricante pon nas súas mercadorías para garantir a súa procedencia.

      Ex: Esta marca de coches ten moito prestixo.

    2. s f

      Empresa que fabrica produtos de marca.

    3. marca rexistrada

      Signo ou nome representativo dunha fábrica inscrita no rexistro competente e que goza de representación legal.

  2. s f

    Trazo ou conxunto de trazos que deixa algo ou alguén no lugar en que estivo.

    Ex: O lobo pasou por aquí porque aínda se ven as súas marcas na neve. Enfadouse porque lle deixou as marcas dos dedos no cristal.

  3. s f

    Acción de marcar.

    Sinónimos: marcación.
  4. s f
    1. Aquilo que permite recoñecer ou distinguir algo.

      Ex: As estrelas serviron de marca para guiarnos no camiño.

    2. [MAR]

      Punto fixo da costa que utilizan os mariñeiros como referencia para dirixir o rumbo da embarcación. As marcas poden ser naturais ou artificiais, e sitúanse especialmente nas entradas de ríos ou portos.

      Ex: O patrón do barco tomou como marca o cabo da Nave.

  5. s f
    1. [HIST/DER]

      Sinal que se facía no Antigo Réxime a un delincuente como proba de reincidencia.

    2. Sinal que queda na pel de forma momentánea froito do contacto ou presión dunha cousa sobre ela.

      Ex: Esta pulseira quédame apretada e déixame marca.

    3. Cicatriz que deixa unha ferida.

      Ex: Quedáronlle marcas do accidente por toda a cara.

      Sinónimos: sinal.
    4. Impresión forte que quedou dun determinado suceso.

      Ex: Aquela muller deixou nel unha marca imborrable.

  6. s f [TECNOL]

    Aparato que se emprega para marcar.

  7. s f [HIST]

    Entidade xeográfica e político-militar fronteiriza. Este nome foi empregado polos analistas francos da primeira metade do s IX para designar os territorios fronteirizos do Imperio Carolinxio: a Marca Hispánica, a Marca de Bretaña, a Marca Saxona, a Marca Marítima e a de Sorabia, entre outras.

  8. s f [LING]

    Característica fónica que expresa unha oposición correlativa de unidades funcionais. En galego, por exemplo, o fonema /b/ (sonoro) é marcado, e oponse ao correlativo /p/ (xordo), non marcado, , pola presenza na súa articulación da vibración das cordas vocais. A noción de marca en fonoloxía estendeuse tamén á morfoloxía, á sintaxe e á lexicoloxía.

  9. [DEP]
    1. s f

      Resultado obtido nalgunhas competicións deportivas.

      Ex: O atleta mellorou a súa marca persoal.

    2. marca mínima

      Resultado mínimo que ten que acadar un deportista para poder participar en determinadas competicións deportivas e que debe estar fixado pola federación correspondente.

  10. s f pl [DEP]

    Lugar marcado cun sinal onde se colocan os participantes dunha competición antes de que comece.

    Ex: Os atletas xa están situados nas marcas de saída.

Frases feitas

  • 2 De calidade asegurada.

  • De marca 1 De empresa comercial coñecida e con prestixio.

  • Superar unha marca. Ser mellor ou superar a outro na realización dalgunha cousa, especialmente nunha proba deportiva.