amputación

amputación

(

  1. s f

    Acción e efecto de amputar.

    Ex: Na guerra sufriu a amputación dos dous pés e das dúas mans. A censura franquista encargábase da amputación de obras teatrais e literarias.

    Confrontacións: mutilación, omisión, supresión.
  2. s f [MED]
    1. Operación cirúrxica pola que se extrae, coa axuda de instrumentos cortantes, un membro, unha parte dun membro ou outra parte do corpo. As causas máis frecuentes que obrigan á amputación son algunhas doenzas infecciosas (certos casos de osteomielite), vasculares (arterioesclerose, diabete, embolias, artrite), a gangrena producida por lesións traumáticas dos tecidos, os tumores cancerosos, a transformación dunha parte do corpo en inútil e molesta (certas cicatrices viciosas) e algunhas malformacións conxénitas, entre outras.

      Sinónimos: ablación, avulsión, extirpación.
    2. amputación cinemática ou cineplástica

      Amputación na que os músculos do toco están colocados de xeito que poidan actuar de motor do aparello ortopédico substituíndo o membro amputado.

  3. amputación conxénita [PAT]

    Malformación conxénita que consiste na amputación completa ou incompleta dun membro ou dunha parte dun membro pola acción dunha brida ámnica constrictora ou dun defecto do desenvolvemento embrionario.

Palabras veciñas

ampulosidade | ampuloso -sa | Ampurias | amputación | amputar | Amrafel | Amraoti