amputación
(
-
s
f
Acción e efecto de amputar.
Ex: Na guerra sufriu a amputación dos dous pés e das dúas mans. A censura franquista encargábase da amputación de obras teatrais e literarias.
Confrontacións: mutilación, omisión, supresión. -
s
f
[MED]
-
Operación cirúrxica pola que se extrae, coa axuda de instrumentos cortantes, un membro, unha parte dun membro ou outra parte do corpo. As causas máis frecuentes que obrigan á amputación son algunhas doenzas infecciosas (certos casos de osteomielite), vasculares (arterioesclerose, diabete, embolias, artrite), a gangrena producida por lesións traumáticas dos tecidos, os tumores cancerosos, a transformación dunha parte do corpo en inútil e molesta (certas cicatrices viciosas) e algunhas malformacións conxénitas, entre outras.
Sinónimos: ablación, avulsión, extirpación. -
amputación cinemática ou cineplástica
Amputación na que os músculos do toco están colocados de xeito que poidan actuar de motor do aparello ortopédico substituíndo o membro amputado.
-
-
amputación conxénita
[PAT]
Malformación conxénita que consiste na amputación completa ou incompleta dun membro ou dunha parte dun membro pola acción dunha brida ámnica constrictora ou dun defecto do desenvolvemento embrionario.