ablación
(< lat tardíoablātiōne ‘acto de tirar’)
-
s
f
[MED]
Operación cirúrxica que consiste en extirpar unha parte danada do corpo.
Sinónimos: amputación, avulsión, extirpación. -
s
f
[ASTRON]
Sublimación do material protector dun dispositivo debido a altas temperaturas. O control da ablación aprovéitase para illar os mecanismos dun foguete da calor desprendida polos gases expulsados, e para revestir os vehículos que teñan que entrar de novo na atmosfera.
-
s
f
[XEOL]
Degradación e nivelación dun relevo pola acción do vento.
-
[XEOL]
-
s
f
Perda de xeo sufrida por un glaciar debido a procesos de fusión ou sublimación.
-
zona de ablación
Parte terminal dun glaciar no que dominan os procesos de ablación. Alimenta as correntes de auga proglaciares.
-
s
f
-
ablación do clítoris
[ANTROP/CULT]
Operación cirúrxica que consiste na extirpación do clítoris e, en ocasións, dos beizos da vaxina. É unha práctica tradicional que pervive en moitos países africanos e musulmáns non africanos. Polo xeral, realízase ás costas da sanidade oficial, o que pode provocar numerosas enfermidades derivadas da falta de hixiene, mesmo a morte. Malia a espallada identificación desta práctica co islamismo non semella estar directamente vencellada co Islam nin coas outras relixións monoteístas (xudía e cristiá) da área de expansión xeográfica desta práctica, senón con prácticas sociais anteriores relacionadas co tránsito da nenez á vida adulta. Se ben durante moito tempo a cultura occidental quixo ver na ablación do clítoris unha práctica hixiénica, hoxe adoita interpretarse como un mecanismo social de limitación da muller á función de reprodutora da comunidade, pois a extirpación do clítoris e outras partes da vaxina, non impedindo a reprodución, impide o completo disfrute sexual feminino.