abkhazo -za

abkhazo -za

(< Abkhazia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Abkhazia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s e adx

    Natural ou habitante de Abkhazia.

  3. s m [ETN]

    Pobo de aproximadamente 87.000 individuos que habita no NO do Cáucaso dentro do territorio de Xeorxia. Cristiáns dende o s VI, parte deles foron islamizados no s XV.

  4. s m [LING/LIT]

    Lingua caucásica do grupo abkhazo-adigueo, falada en Abkhazia e, a súa variante abazí, na oblats autónoma dos karachais e dos cherkeses, empregada por unhas 19.000 persoas. Ten unha literatura que se mantivo en estado oral ata que en 1865 se fixou o seu alfabeto.

Palabras veciñas

abíxeo | abkense | Abkhazia | abkhazo -za | abkhazo-adigueo | Abla | ablación