abkhazo -za
abkhazo -za
(< Abkhazia)
-
adx
Relativo ou pertencente a Abkhazia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s e adx
Natural ou habitante de Abkhazia.
-
s
m
[ETN]
Pobo de aproximadamente 87.000 individuos que habita no NO do Cáucaso dentro do territorio de Xeorxia. Cristiáns dende o s VI, parte deles foron islamizados no s XV.
-
s
m
[LING/LIT]
Lingua caucásica do grupo abkhazo-adigueo, falada en Abkhazia e, a súa variante abazí, na oblats autónoma dos karachais e dos cherkeses, empregada por unhas 19.000 persoas. Ten unha literatura que se mantivo en estado oral ata que en 1865 se fixou o seu alfabeto.